RESULTADO ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2007
Gaña o PSdeG-PSOE En As Pontes
28/05/2007 O PSdeG-PSOE foi forza máis votada nas Pontes, con 3.186 votos, fronte a 3.077 do BNG; mentres o PP queda con 671. Trasladados os números a concelleiros, quedan empatados con 8 tanto socialistas como nacionalistas, e un edil para os populares. Pero ao ter máis voto o PSdeG-PSOE, no caso dun empate na sesión de investidura, o vindeiro día 16 de xuño, sairía como alcalde o candidato socialista Valentín González. Polo tanto o PP non ten siquera que pronunciarse ese día,pero Juan Eladio Pico será determinante para garanti-la gobernabilidade.
|
PLENO EXTRAORDINARIO
Último pleno do mandato 2003-2007
28/05/2007 Os concelleiros da actual corporación volveron reunirse durante esta mañá para celebra-lo último pleno denantes das eleccións municipais. Para algúns concelleiros significa tamén a despedida deste foro, xa que non se presentan ás eleccións.
|
XUNTA DE GOBERNO.
Local de ensaio e estudio de grabación nas Pontes
28/05/2007 O goberno local adxudicou á empresa Bull fuego a adxudicación dun novo vehículo contraincendios. O seu custe, de 160 mil euros, será sufragado cunha subvención da Consellería de Medio Rural.
|
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Demolición do edificio da Avenida da Habana
09/04/2007 Na última Xunta de Goberno Local aprobouse o expedente de demolición do edificio que fai esquina entre a Avenida da Habana e a Avenida de Castelao.
|
PROGRAMACON CULTURAL
Nova Programación Cultural das Pontes
29/01/2007 O Circuito 4x4 de voces tradicionais será un dos atractivos da programación cultural das Pontes nos vindeiros meses. As actucións de gruposcomo Os Carunchos, Ruote, Leilía, Serra-Lhe aí! estarán na nosa vila no mes de amarzo. Ademais o día 18 de febreiro témos unha nova edición da Feira do Grelo.
|
XUNTA DE GOBERNO
O Concello organizará un curso de "cultivos enerxéticos"
23/09/2005 O pulo ás enerxías alternativas é un alicerce do Plano Estratéxico das Pontes. Por iso, a Xunta de Goberno decideu este xoves da-los primeiros pasos para organizar un curso de "cultivos enerxéticos", ou para entendernos, como cultivar plantas que son especialmente idóneas para as plantas de biomasa, que empregan a vexetación para xerar enerxía.
|
PROXECTO PROXIMITAS
Entréganse os diplomas do curso de catering
09/04/2007 A Deputada provincial Carmen Jabares e a concelleira de Servizos Sociocomunitarios entregaron onte os diplomas do curso de catering impartido na nosa vila, dentro do programa Proximitas Plus.
|
OBRAS NA FRAGA.
Demolición do muro da Fraga
09/04/2007 No mes de maio rematarán previsiblemente as obras dunha nova fase do Parque do río Eume. E agora a actuación céntrase no que sempre coñecidos como parque da Fraga, ou parque de Dona Rita.
|
Arriba |
Máis novas (anteriores) |
 |
 |
 |
 |
2008  | maio  | | L | M | M | X | V | S | D |  |  |  | 1 | 2 | 3 | 4 | | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |  |
|